coralina
coralina
(< lat científico Corallina)
s
f
[PROTISTA]
Alga vermella do xénero Corallina. Presenta un talo de cor rosada, calcificado e formando pequenas matas constituídas por eixes articulados e ramificados. Aparecen sobre as pedras do litoral inferior de costas expostas. En Galicia están presentes as especies C. elongata, de ata 5 cm de lonxitude, cos segmentos articulados do ápice ovoides e moi aplanados; e C. officinalis, de ata 7 cm de lonxitude e cos segmentos articulados do ápice ata tres veces máis longos ca anchos.