1 corbela
1 corbela
Nome científico:
[Fucus versicolor, Fam das fucáceas]
s
f
[PROTISTA]
Alga parda de talo de ata 60 cm de lonxitude, de cor olivácea ou acastañada. Divídese de xeito dicotómico en cintas de ata 2 cm de ancho, que presentan un nervio central e grandes aerocistes. Estes aerocistes, situados nos puntos de división aos lados da nerviación, serven para manter ergueito o talo e están ausentes cando a alga se dispón nunha zona onde bate o mar. Nos ápices do talo presenta engrosamentos de forma alongada enchidos de mucilaxe que constitúen os receptáculos sexuais. Presente en costas protexidas do litoral medio, emprégase como alimento humano, como laxante, como alimento animal ou fertilizante e contra a escrofulose e o bocio.