Corcovado
Corcovado
Outeiro de Rio de Janeiro situado sobre a praia de Botafogo e con forma de pão de açúcar con 704 m de altitude aproximadamente. No seu cume hai unha estatua de Cristo Redentor de máis de 34 m de altura, inaugurada o 12 de outubro de 1931 e construída polo enxeñeiro Heitor da Silva Costa e polo escultor Paul Landowski. Erixida sobre un pedestal no que se construíu unha capela, a figura móstrase cos brazos abertos e diríxese cara a Botafogo.