Cordeliers, Club dos

Cordeliers, Club dos

Sociedade dos dereitos do home e do cidadán, fundada en 1790 en París, no transcurso da Revolución Francesa. Os seus membros eran de orixe popular e esixían, entre outras medidas, a aplicación da democracia directa, a acción revolucionaria, a igualdade absoluta e a persecución do clero refractario. Dirixiu as accións republicanas de xullo de 1791, pero o seu radicalismo colidiu coa política de Robespierre e do Comité de Salvación Pública, que fixo deter e guillotinar entre marzo e abril de 1794 os seus dirixentes, entre os que figuraban Danton e Desmoulins.

Palabras veciñas

cordeleta | cordelete | Cordelia | Cordeliers, Club dos | cordella | Cordemoy, J. L. de | Cordero