Coriaria
Coriaria
[PLANTA]
Xénero da familia das coriariáceas. Ten como único representante en Europa a especie C. myrtifolia, un arbusto de ata 3 m de altura, glabro, con pólas tetrágonas, follas xeralmente opostas, ovadas enteiras, flores pequenas verdosas e dispostas en pólas axilares e terminais, e froito formado por cinco núculas negras e brillantes envoltas polos pétalos e os sépalos que se volven carnosos e de cor púrpura escura. É propia da rexión mediterránea oriental, onde, os froitos se empregaron como medicinais malia provocar intoxicacións por mor da presenza da coriamirtina. As follas, unha vez secas e moídas, utilízanse para curtir peles.