corneana
corneana
(< córneo)
s
f
[XEOL]
Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas. A súa composición mineralóxica depende das rochas orixinais: se procede de rochas margosas, contén calco-silicatos e denomínase corneana calco-silicatada; e se procede de rochas arxilosas, contén silicatos alumínicos (andalucita, cordierita e biotita), que lle dan un aspecto manchado característico, e recibe o nome de cornubianita.