Corneille de Lyon
Corneille de Lyon
ou Corneille da Haia (A Haia 1500? - Lyon 1575?) Pintor holandés. Instalouse en Lyon, e foi pintor da corte de Enrique II e Catarina de Medici. Nas súas obras, as personaxes aparecen retratadas en tres cuartos. Os fondos, claros, e os vestidos, escuros, destacan sobre fondos verdes e azuis. O seu estilo ten puntos de conexión con Clouet pola precisión dos debuxos, a fina execución e a delicadeza das cores.