Cornoces, pazo de
Cornoces, pazo de
Construción nobiliar barroca situada en San Martiño de Cornoces. A documentación máis antiga que se conserva do pazo fai referencia á familia de don Xoán de Porras Figueroa e Calderón, que o tiña en propiedade en 1779. Posteriormente, pertenceu á familia dos Reinoso, ata que dona Ramona Villar de Reinoso o doou para instalar nel un asilo de caridade. A construción da pequena capela que existe preto da casa pode ser deste período. Funciona como residencia de persoas con deficiencias psíquicas.