coronario -ria
(< lat coronarĭu ‘enforma de coroa’)
-
adx
Disposto en forma de coroa.
-
-
adx
Aplícase a unha estrutura anatómica que presenta unha disposición circular.
-
adx
Aplícase a cada unha das dúas arterias que saen da aorta ao nivel das válvulas sigmoideas, dispostas en forma semellante á dunha coroa arredor do corazón. Irrigan a víscera cardíaca, de xeito que a súa obstrución ocasiona graves trastornos no miocardio.
-
adx
[PAT]
Aplícase ao paciente afectado dunha cardiopatía, especialmente do tipo ateromatoso.
-
enfermidade coronaria
[PAT]
Trastorno cardíaco orixinado por unha subministración insuficiente de sangue por parte das arterias coronarias que provoca, fundamentalmente, unha isquemia do miocardio. A causa máis frecuente é a arteriosclerose.
-
ponte coronaria
[MED]
Anastomose vascular cirúrxica aortocoronaria, na que un enxerto de vaso sanguíneo ou un tubo de material plástico fai de ponte entre a aorta e a arteria coronaria, eludindo o segmento vascular obstruído ou estenosado. Tamén se coñece como bypass coronario.
-
unidade coronaria
[MED]
Área dun hospital especialmente equipada para o tratamento intensivo dos enfermos afectados de enfermidades coronarias como infarto de miocardio ou arritmias graves.
-
adx
-
arteria coronaria estomática
[ANAT]
Rama do tronco celíaco destinada a irrigar a parte inferior do esófago e a curva menor do estómago.
-
ligamento coronario
[ANAT]
Dobra do peritoneo que une o bordo posterior do fígado ao diafragma.
-
sutura coronaria
[ANAT]
Unión articular dos dous parietais co frontal.