Cortés
Cortés
[ONOM]
Apelido que procede dun antigo alcume aplicado a persoas que se comportaban con cortesía. Documéntase moi cedo, no século XII: “Fernandus Cortes” (doc ano 1160 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 279). Non hai que descartar a posibilidade de que nalgúns casos confluíse co apelido de orixe toponímica Cortes. Na Idade Media tamén se documenta a correspondente forma feminina: “Maria Cortesa” (doc ano 1274 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 124).