Coruña Automovilista

Coruña Automovilista
[PUBLIC]

Revista gratuíta en castelán que apareceu na Coruña no ano 1930. Tivo dous subtítulos “Órgano oficial del Centro de Protección Chauffeurs” e “Órgano del Centro Protección Chauffeurs de La Coruña. Revista mensual de automovilismo, mecánica, turismo, datos útiles y deportes”. Dirixiuna Ángel Antón e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Rey Sousa e Juan Rey Castelo.

Palabras veciñas

Çorum | Coruña | Coruña Alegre | Coruña Automovilista | Coruña Deportiva, La | Coruña Moderna | Coruña Oval, La