Corzo

Corzo
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a persoas que compartían con ese animal algunha característica, como podía ser a axilidade ou a rapidez ao andar. Documéntase xa no s XII: “Froyla Corzu” (doc ano 1148 en Santiago Montero Díaz, La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol], BUSantiago 7, 25, 1935, p 86), “Domingo Perez dito Corço de Milmãda” (doc ano 1283, Manuel Lucas Álvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 429).