cosmolóxico -ca

cosmolóxico -ca

(< cosmoloxía)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á cosmoloxía.

  2. [ASTRON]
    1. principio cosmolóxico

      Principio que establece que o Universo presenta, en liñas xerais, o mesmo aspecto en todos os seus puntos, agás algunha pequena irregularidade local, de xeito que non hai nin lugares nin direccións privilexiadas. É a base dalgúns modelos cosmolóxicos.

    2. principio cosmolóxico antrópico

      Principio segundo o que, de entre todos os conxuntos de condicións iniciais posibles para a formación do Universo, se exclúen os que non conducen, dun xeito máis ou menos azaroso, ao desenvolvemento da vida humana intelixente. O feito de que o ser humano exista limita os tipos de universos que se poderían considerar. Incorporárono á cosmoloxía G. J. Whitrow, R. H. Dicke e B. Carter, e, posteriormente, J. A. Wheeler desenvolveuno.

    3. principio cosmolóxico perfecto

      Extensión do principio cosmolóxico ao tempo, é dicir, segundo o que o Universo presenta sempre o mesmo aspecto.

  3. argumento cosmolóxico [FILOS]

    Proba da existencia de Deus, asimilable ao argumento teleolóxico, que consiste en deducir da existencia do Universo unha última causa do mesmo.

Palabras veciñas

cosmógrafo -fa | cosmólogo -ga | cosmoloxía | cosmolóxico -ca | cosmonauta | cosmonáutica | cosmonáutico -ca