cosmopolita

cosmopolita

(

    1. adx e s

      Que ou quen considera o mundo como a súa patria.

      Ex: A súa vida cosmopolita converteuno nun viaxeiro incansable. O meu irmán é un cosmopolita.

    2. adx

      Aplícase a quen está familiarizado con moitos lugares e culturas ou ten os seus intereses esparexidos por lugares moi diversos.

      Ex: Uxía ten unha existencia moi cosmopolita: hoxe aquí, mañá en París e ó outro en Bos Aires.

  1. adx

    Que habita ou é propio de moitos países.

    Ex: A mosca común é unha especie cosmopolita. As danzas folclóricas son un fenómeno cosmopolita.

  2. adx

    Lugar ou cidade na que habitualmente hai xente de moi diversas procedencias.

    Ex: Nova York é posiblemente a cidade máis cosmopolita do planeta.

Palabras veciñas

cosmonave | cosmonimia | cosmónimo | cosmopolita | cosmopolitismo | cosmorama | cosmos