Cosmos

Cosmos

Serie de satélites soviéticos que realizaron varias misións de estudo da atmosfera terrestre, da ionosfera e da magnetosfera. Tamén se destinaron para recoñecemento fotográfico, telecomunicacións e diversas experimentacións. O primeiro lanzouse en marzo de 1962 e dende aquela enviáronse máis de 1.900 satélites. Algúns deles caeron sobre a Terra, como o Cosmos 954, que encheu de residuos radioactivos a superficie de certas rexións de Canadá en 1978, e o corpo central do Cosmos 1402, que se precipitou ao Océano Índico.

Palabras veciñas

cosmorama | cosmos | Cosmos | Cosmos | cosmotrón | cosmovisión | coso