Costa del Sol
Costa del Sol
Sector do litoral mediterráneo situado entre o cabo Sacratif e Algeciras, nas provincias de Málaga, Cádiz, Granada e Almería. A costa é alta e rochosa cara ao L, formada polos contrafortes da Cordillera Bética. Ten unha ampla franxa de praias de aluvións, formadas por areas escuras. O seu clima converteuna nun importante centro turístico dende 1955, con Marbella, Torremolinos e Málaga como principais núcleos.