cotelada

cotelada
  1. s f

    Movemento súbito da cabeza, xeralmente descendente, por efecto do sono.

    Ex: A película aborreceume e cara ó final xa daba coteladas.

    Sinónimos: cabezada, cotenada.
  2. s f

    Golpe dado cos cotelos das mans.

    Ex: De nenos tivemos un mestre que nos daba coteladas se nos trabucabamos.

    Sinónimos: cotenada, cotobelada.
  3. s f

    Golpe recibido nos cotelos das dedas ou dos dedos dos pés.

    Ex: Levei unha cotelada no pé esquerdo contra unha rocha da praia.

    Sinónimos: cotenada.

Palabras veciñas

coteifa | coteife | cotela | cotelada | cotelear | coteleo | cotellón