cotiledón
(
-
s
m
[BOT]
A primeira folla, ou as primeiras follas, do embrión das fanerógamas. Nalgúns casos, funciona como órgano de dixestión das substancias nutritivas almacenadas no tecido nutricio da semente, aínda que se volve fotosintetizador cando a planta xermina. Noutros casos, actúa como órgano de reserva e está cheo de materiais nutritivos que absorbeu antes de madurecer a semente. O número de cotiledóns caracteriza a algúns grupos de plantas: as monocotiledóneas teñen un, as dicotiledóneas dous, e as ximnospermas un número variable. Pódense distinguir dous tipos de cotiledóns: os epixeos, que saen á superficie do chan ao xerminar a semente, e os hipoxeos, que permanecen enterrados. Tamén se denomina cótila.
-
s
m
[ANAT]
Cada un dos lóbulos da cara uterina da placenta.