2 cotizado -da
2 cotizado -da
(
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao escudo que ten o campo cuberto de cotizas alternativamente dun metal e dunha cor, en número parello e superior a vinte. Os obxectos heráldicos tamén poden estar cotizados, co que se produce a contraposición.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á faixa, á banda, á barra ou á cabria cando están colocados entre dúas cotizas, unha a cada lado, que seguen a mesma dirección. Cando van acompañadas de dúas cotizas por cada costado, o escudo denomínase dobremente cotizado.