Coum Transmission

Coum Transmission
[ESPECT]

Colectivo artístico formado en 1969 en Londres por Neal Andrew Megson, máis coñecido como Genesis P-Orridge, logo de traballar con algúns dos integrantes do grupo alemán Fluxus. Especializado na organización de accións destinadas a provocar a irritación da realeza, da aristocracia e das clases medias inglesas, na mesma época na que a banda dos Sex Pistols gozaba de maior popularidade, habería que destacar a súa instalación Prostitution, presentada entre o 16 e o 26 de outubro de 1976 en Londres, que supuxo un considerable escándalo. Nesas mesmas datas Genesis P-Orridge, xunto con dous integrantes do colectivo, Cosey Fanny Tutti e Peter Christopherson crearon Throbbing Gristle, unha banda de música industrial que tivo unha grande influencia na denominada música postindustrial e nas creacións musicais do grupo catalán La Fura dels Baus.

Palabras veciñas

coulombimetría | coulombimétrico -ca | coulombímetro | Coum Transmission | Couñago, Pablo | country* | coupage*