Cova de Lobo, san Bieito de

Cova de Lobo, san Bieito de

Romaría que se celebra o 11 de xuño nunha ermida da parroquia de Piñor, no concello de Barbadás. Preto da ermida hai unha pedra furada, denominada Penedo Vigón, que ten sona de milagreira, indicada para curar o raquitismo, as verrugas, os tumores e as feridas, así como as doenzas da infancia. O día da romaría a nai e a madriña introducen os pequenos doentes polo furado da Pedra Vigón, pregando a san Bieito que os sande. A romaría é moi concorrida pola xente de Ourense e a súa comarca.

Palabras veciñas

Cova da Vella | Cova das Choias, A | Cova de Lobo | Cova de Lobo, san Bieito de | Cova do Pan | Cova do Rei Cintolo | Cova, A