Covas
Covas
[ONOM]
Forma plural correspondente ao apelido galego Cova. Documéntase xa no s XI: “Ouorico de Covas” (doc ano 1060 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Martinus de Couas” (doc ano 1190 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, 1976, vol I, p 216). Este apelido adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico.