2 coxo -xa

2 coxo -xa

(< lat v *coxu < lat coxa ‘cadeira’)

  1. adx e s [PAT]

    Que ou quen anda de forma irregular por mor de alteracións nun dos membros inferiores do aparato locomotor ou por carecer del. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o coxo de amor morre, que fará o que andar pode? Coxo, e non de espiña; calvo, e non de tiña. De home coxo e can rabeno, líbrenos Deus coma do demo. Nin bo coxo, nin bo noxo”.

    Ex: Quedou coxo na guerra e agora ten que andar cun bastón. O coxo que vende a lotería non veu hoxe.

  2. adx

    Que abanea por non ter as patas iguais ou por no estar ben asentado, especialmente un moble.

    Ex: Levei a mesa que estaba coxa ó carpinteiro para que a amañase.

    1. adx

      Que mostra algunha carencia ou non está completo.

      Ex: Non convence a ninguén cos seus coxos argumentos.

    2. verso coxo

      Que non ten a medida xusta, en relación aos outros versos dun poema.

Frases feitas

  • Coñecer os coxos no xeito de andar. Coñecer, por experiencia, os defectos ou mañas que ten alguén.

  • Non ser coxo nin manco. Ser listo para sacar proveito do que lle interesa.

Palabras veciñas

coxillo | coxín | 1 coxo | 2 coxo -xa | coxo- | coxofemoral | coxote