cozo

cozo
  1. s m

    Parte das árbores e plantas que quedan na terra despois de cortalas.

    Ex: Este cozo serve para fender a leña.

    Sinónimos: canoto, cepa, cepeira, couce.
  2. s m

    Raíz de certos arbustos, especialmente da uz, que se emprega para facer carbón.

    Ex: Os cozos da queiroga son moi bos para facer carbón.

  3. s m

    Especie de carreta formada por unha artesa cravada nunha parte móbil e que serve para transportar distintos materiais.

    Ex: Trouxen as pedras para facer o muro no teu cozo.