crase
(
-
s
f
[LING]
Contracción na lingua grega da vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte; represéntase na escrita polo símbolo coronis. No galego dáse cando se produce un encontro entre dúas vocais que ten como resultado unha monotongación (
Ex: door > dor, paa > pa). No galego trobadoresco, ó igual ca no s XV, xa se rexistran algunhas realizacións de crases vocálicas; con todo é un fenómeno que se mantén na lingua medieval e que desaparece despois deste período.
-
s
f
[LIT]
Figura retórica que consiste na formación dunha nova palabra a partir da suma doutras dúas. O proceso previo implica a contracción dos seus compoñentes, feito que supón a perda de fonemas ou sílabas. O vocábulo resultante aglutina varios significados sen engadir necesariamente un valor metafórico.
-
s
f
[MED]
Na medicina antiga, mestura das partes que constituían os líquidos da economía animal.