Crego

Crego
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun antigo alcume profesional. Non se pode descartar a posibilidade de que o alcume faga referencia ao carácter e non á profesión do individuo portador. Documéntase no século XII: “Ueremudus Roderici cognomento Clericus” (doc ano 1162 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 251). En romance atéstase no s XVIII: “Blas Crego” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 196).