crêpe*
crêpe*
s
f
[ALIM]
Doce consistente nunha masa a base de fariña, leite e ovo que se frite na tixola e que, opcionalmente, pode levar tamén azucre e aromas, como vainilla, licores, etc. Substancialmente similar a unha filloa, adóitase comer como sobremesa, con azucre ou con algún recheo: crema, marmelada, compota ou semellante. Tamén se poden presentar con crema de manteiga ao coñac, aromatizada con limón e laranxa, preparación que recibe o nome de suzette. Existen tamén preparacións salgadas, sobre todo con recheos de queixo e marisco. O blini ruso, que se toma con caviar e cun mollo amargo, é outra variante famosa do mesmo tipo de preparación, igual ca a hojuela, a malsouqua norteafricana, o pancakes ou tortiña e o panqueque.