Crespo
Crespo
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que se caracterizaban por teren o cabelo crecho. Documéntase no século XII baixo forma latina: “Martinus Crispus” (doc ano 1173 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 138); en romance aparece no século XIV: “Johan Crespo” (doc ano 1344 en Clarinda de Azevedo Maia, História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 56). Na Idade Media tamén se empregaba en feminino aplicado a mulleres: Crespa.