criminalidade

criminalidade

(< criminal)

  1. s f

    Calidade de criminal.

    Ex: Nunca lograron atopar probas da criminalidade dos feitos dos que o acusaron.

  2. s f

    Circunstancia de acontecer accións criminais.

    Ex: Tratan de estudiar a relación que existe entre a criminalidade e a toxicomanía.

  3. s f

    Proporcionalidade estatística que resulta da cantidade de crimes cometidos en razón da poboación, do tempo e do espacio determinados.

    Ex: O aumento de forzas represivas non conduciu ó descenso da criminalidade.

Palabras veciñas

Crimenso | Crimente | criminal | criminalidade | criminalista | criminólogo -ga | criminoloxía