Crispín

Crispín
[ONOM]

Prenome do latín Crispinus, cognome romano derivado de crispus ‘de pelo crecho’. San Crispín é un dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). Como o seu irmán xemelgo san Crispiniano (s III), é un mártir cristián. Fuxindo da persecución de Diocleciano, ambos os dous se instalaron en Soissons (Francia) e aprenderon o oficio de zapateiro, pero foron apreixados e martirizados por orde do Emperador Maximiano. Na iconografía os santos xemelgos, patróns dos zapateiros e doutros traballadores do coiro, represéntanse sempre xuntos e coas ferramentas de zapateiro como atributos; ás veces traballando no seu obradoiro e outras con algúns dos instrumentos dos seus martirios. A súa festa celébrase o 25 de outubro.