cristal
(< lat crystallus < gr
-
[FÍS]
-
s
m
Corpo formado por solidificación cos átomos dispostos segundo un modelo repetido periodicamente nas tres dimensións do espacio. En realidade, non existe ningún cristal que siga este modelo ideal, senón que todos presentan imperfeccións, xa sexa en forma de átomos distintos aos que compoñen o cristal, xa sexa en forma de baleiros creados pola desaparición dalgúns átomos. Non obstante , para o estudio da materia cristalina admítese a hipótese de uniformidade total que permite simplificar os cálculos; co fin de conseguir que os resultados se acheguen á realidade, as imperfeccións dos cristais reais considéranse perturbacións da situación ideal homoxénea. Matematicamente, para cada cristal existe unha terna de vectores a , b e c de xeito que o cristal permanece invariable se se lle aplica unha translación de vector: T =n 1 a +n 2 b +n 3 c , onde n 1 , n 2 e n 3 son números enteiros. O conxunto de puntos matemáticos que se obtén pola aplicación de todas as translacións posibles do tipo T é unha rede cristalina. Para designar os planos do cristal ou direccións cristalográficas utilízanse os índices de Miller.
-
cristal líquido
Nome xenérico de certas substancias que presentan, dentro dun certo intervalo de temperatura, unha organización non o suficientemente ordenada para que poidan ser consideradas sólidas nin o suficientemente desordenada para ser consideradas líquidas; os cristais líquidos son, xa que logo, substancias en estado mesomorfo. Están formados por moléculas longas encadeadas, que presentan unha polarización eléctrica manifestada baixo un campo eléctrico, por cambios na transparencia e no índice de refracción. Existen tres tipos básicos de cristais líquidos: os pnemáticos, os colestéricos e os esmécticos. Os pnemáticos, os máis correntes en aplicacións comerciais, son de baixa viscosidade e teñen aspecto de líquido leitoso; son máis rápidos de resposta e os que tiveron un desenvolvemento máis considerable. Os colestéricos, baseados no colesterol, teñen unhas moléculas opticamente activas, cun altísimo poder rotatorio da polarización da luz, e ofrecen unha gran gama de cores. Os esmécticos (Sm) son pastosos, moito máis próximos aos sólidos, presentan lentitude de resposta e son aptos só en visualizadores case estáticos. Ten aparecido unha variante: os cristais líquidos ferroeléctricos (FLC), xeralmente da fase C (SmC), cun centro opticamente activo que lles confire unha distribución helicoidal semellante aos colestéricos. Os dispositivos de cristal líquido (LCD, Liquid Cristal Display) teñen moitas aplicacións prácticas, como nas pantallas de aparellos electrónicos, como calculadoras ou ordenadores portátiles. Malia algúns inconvenientes (perda de luminosidade co tempo, pouco contraste e un ángulo de visión bastante crítico), presentan un consumo moi reducido e unha baixa tensión de funcionamento. Empréganse sobre todo en pantallas e visualizadores (displays).
-
s
m
-
s
m
[IND]
-
idro pesado e moi brillante composto principalmente de sílice, óxido de chumbo e óxido de potasio, empregado na fabricación de obxectos de uso e de decoración.
Ex: Mercamos unhas copas de cristal de Bohemia.
-
Lámina de vidro, pura e transparente, que se emprega para diferentes usos.
Ex: O cristal do cadro escachou ó caer ó chan. Púxenlles uns cristais afumados ás ventás.
-
-
s
m
[ARTE]
Obxecto de cristal de rocha traballado ou imitación do industrial. A técnica coñeceuse na época romana, tal e como amosan os dous relevos de cabeza de muller conservados no Cabinet des Stampes de París. No tesouro da catedral de Aquisgrán destaca o selo de Lotario II (s IX). En Europa desenvolveuse durante os ss XIII, XIV e XV, e acadou a plenitude no s XVI coa fabricación de obxectos decorativos. Os aztecas tamén coñeceron a técnica de traballar o cristal; deles destacan os cranios esculpidos que se localizaron nas tumbas do Monte Albán. A mediados do s XVIII, os ingleses descubriron a imitación industrial do cristal de rocha. Entre as coleccións de cristais destacan as do Tesoro del Delfín do Museo del Prado e a colección Medici do Palazzo Pitti de Florencia. Entre os centros produtores de obxectos de cristais cómpre salientar a fábrica de La Granja de San Ildefonso (Segovia), Baccarat (Francia), Orrefors e Kosta (Suecia), Venecia e Bohemia.
-
cristal de rocha
[MINERAL]
ariedade cristalizada de cuarzo, transparente e incolora, que se presenta xeralmente en forma de cristais prismáticos de caras romboédricas. Dende a Antigüidade emprégase como pedra preciosa e de ornamentación. Unha das últimas aplicacións deste cristal é a fabricación de instrumentos de óptica e de electrónica.
-
cristal opalino
[IMAX]
Tipo de cristal provisto dunha tinta ópala translúcida que se emprega como difusor nas ampliadoras, nas mesas de luz e nos exposímetros.