Cristián
Cristián
[ONOM]
Prenome derivado do grego Cριστιανός ‘seguidor de Cristo’, a través do latín Christianus. Cristo era o segundo nome de Xesús e procede do grego Cριστός ‘o unxido, o Mesías, o Noso Señor Xesucristo’, latinizado en Christus, adxectivo verbal derivado do verbo Cρίω ‘unxir con óleo’, equivalente do hebreo bíblico Māšīa ḥ ‘o unxido, o escollido por Deus, o Mesías’. A partir do s XV fíxose habitual entre os reis de Dinamarca, Suecia e Noruega. Levaron tamén este nome un santo de Douai (Francia), patrón das parturientes, celebrado o 7 de abril; dous mártires, celebrados o 18 de marzo e o 20 de decembro, respectivamente; e un eremita, martirizado en Polonia, celebrado o 12 de novembro.