cromátida

cromátida

(

s f [XEN]

Cada un dos dous filamentos formados pola duplicación lonxitudinal dun cromosoma que se fai visible na profase da mitose e da meiose. As dúas cromátidas de cada cromosoma están unidas polo centrómero. Despois de que o centrómero se divide, sepáranse as cromátidas e convértense, cada unha delas, nun cromosoma.

Palabras veciñas

cromar | cromaticidade | cromático -ca | cromátida | cromatina | cromatínico -ca | cromatismo