cromóforo

cromóforo

(< cromo- + -foro)

s m [QUÍM]

Agrupación atómica insaturada dunha molécula (cromóxeno) que absorbe radiación visible ou ultravioleta de forma selectiva. Son un exemplo os grupos azo, nitro e nitroso. Nos colorantes a cor vén determinada por unha estrutura cromofórica asociada a unha ou algunhas auxocrómicas, que forman unha combinación que absorbe radiación visible.