cromorno

cromorno

(< al Krummhorn)

s m [MÚS]

Instrumento renacentista de vento constituído por unha dobre lingüeta encapsulada e curvado no extremo do pavillón. Ten un buraco para o polgar, outro de ventilación na parte curva e sete para o resto dos dedos. É probable que date do s XV e que sexa orixinario do norte de Italia, dende onde se estendeu o seu uso a Alemaña.

Palabras veciñas

cromonema | cromoplasto | cromoproteína | cromorno | cromoscopio | cromosfera | cromoso -sa