cronógrafo -fa
cronógrafo -fa
(< lat chronogrăphu < grχρονογράϕος)
-
s
Persoa que escribe cronografías.
-
s
m
[METROL]
Instrumento rexistrador de intervalos de tempo caracterizado por unha gran precisión. Os cronógrafos primitivos tiñan funcionamento mecánico, análogo ao dos reloxos, pero, con posterioridade, creáronse cronógrafos electrónicos capaces de medir intervalos de tempo moi pequenos.