cronómetro

cronómetro

(< crono- + -metro)

  1. s m

    Instrumento para medir o tempo.

  2. s m [METROL]

    Reloxo de alta precisión que se emprega para medir intervalos de tempo moi pequenos e que ten a particularidade de que se poden parar as súas agullas de forma súbita e inmediata.

  3. s m [METROL/MAR]

    Reloxo de precisión posto na hora do tempo medio do primeiro meridiano, mediante o que se pode comprobar a lonxitude exacta da embarcación naquel momento. Vai dentro dunha caixa especialmente acondicionada para evitar todo tipo de movementos e preservalo do cambio do tempo. Para maior seguridade, algúns buques levan outros elementos colocados ao seu carón, denominados acompañantes. Dende 1952, data na que se creou o primeiro cronómetro electrónico, a súa instalación a bordo dos buques estendeuse amplamente a causa das súas boas calidades xa que funciona en calquera posición, insensible aos golpes, vibracións, humidades e campos magnéticos. O erro normal destes cronómetros é dunha décima de segundo ao día nos modelos correntes e pode chegar a unha milésima de segundo para as pezas destinadas a uso científico. Co tempo, aumentou a tendencia a usar os de cuarzo que son máis precisos.