cronotopo

cronotopo

(

s m [LIT]

Concepto introducido na teoría literaria por Mikhail Bakhtin a finais da década de 1930. Procedente da teoría da relatividade de Einstein, sinala a relación de dependencia que existe entre as dimensións de tempo e de espazo na obra literaria e, en particular, na novela, onde constitúe o núcleo organizador da acción. Bakhtin desenvolveu unha teoría da novela, segundo a que os distintos cronotopos, isto é, as distintas interseccións espacio-temporais, condicionan a aparición dos subxéneros novelescos, en especial na súa etapa inicial. A tradición occidental recoñece, entre outros cronotopos, o cronotopo do encontro, determinado pola temporalidade, e cronotopo do camiño, espazo por excelencia do encontro. Na literatura galega distínguese un cronotopo do pazo ou un cronotopo da lareira, como lugar de encontro na sociedade tradicional que propicia o acceso a outros mundos a través da narración de historias.

Palabras veciñas

Cronos | cronoscopio | cronoterapia | cronotopo | cronotrón | cronozona | croococal