1 cross

1 cross

(< ingl cross-country)

s m [DEP]

Competición deportiva celebrada en terreo de campos e bosques. Denomínase tamén cross-country, abreviación do inglés across the crountry (‘campo a través’), e consiste nunha carreira de fondo pedestre, ciclista ou hípica, na que hai que salvar os obstáculos naturais. A competición atlética é unha carreira que se disputa nun circuíto que atravesa lugares despoboados e non pavimentados. Constitúe unha das especialidades máis antigas do atletismo. Xeralmente son carreiras de fondo, con distancias de varios quilómetros. No calendario internacional para as competicións de campo a través adoitan reservarse os meses do inverno no hemisferio boreal, cando as actividades na pista ao aire libre resultan desaconsellables polas circunstancias atmosféricas adversas nas latitudes medias e altas. As federacións internacionais celebran anualmente campionatos de Europa e mundiais, individuais e por equipos, desta disciplina.