crótalo
(
-
s
m
[ANIMAL]
Serpe velenosa do xénero Crotalus, da familia dos vipéridos. Caracterízase por presentar no extremo da cola unha estrutura de aneis córneos, encaixados entre eles, que axita cando se excita de xeito que produce un son peculiar semellante ao do axóuxere. Posúe, entre os ollos e os orificios nasais externos, uns receptores de calor que lles serven para localizar as presas -pequenos mamíferos e aves- na escuridade. Tipicamente americanos, no norte de Arxentina está a especie C. terrificus e en América do Norte están presentes: C. horridus, que vive nos bosques; C. viridis, nas praderías; e C. cerastes, que habita nos desertos e presenta dous corniños.
-
s
m pl
[MÚS]
Instrumento de percusión empregado nas antigas civilizacións orientais para marcar o ritmo das danzas. Semellante a unhas castañolas, está formado por unha parella de valvas de madeira, óso, marfil ou metal que o executante empuña pola extremidade inferior para facelas chocar entre si.