Cruceiro, O
Cruceiro, O
[PUBLIC]
Revista en galego editada a partir de maio de 1980 en Carral. Dirixida por Xosé Manuel Reboredo, incluía información de carácter xeral, noticias sobre xuntanzas municipais, deportes e asociacións de veciños, á parte de entrevistas e artigos de carácter cultural e histórico, como os dedicados aos mártires de Carral. En marzo de 1981 editou un número case monográfico titulado “Especial Ensino”.