Cruz, ponte da
Cruz, ponte da
Construción situada sobre o río Avia, en San Salvador de Pazos de Arenteiro (Boborás). Trátase dunha ponte do s XVIII de cinco vans de medio punto de perpiaño. Pertenceu ao antigo camiño a Pazos de Arenteiro e está en estado ruinoso.