1 cu

1 cu

(

  1. s m
    1. [ANAT]

      Parte inferoposterior do tronco do ser humano sobre a que descansa o corpo cando está sentado. Está formado pola pel, o tecido subcutáneo, a aponeurose glútea e a importante masa muscular constituída polos glúteos maior, mediano e menor. No resto de animais cuadrúpedes, é a parte posterior do lombo que se corresponde coa anca. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que ten cu ten medo. O que ten cu de estopa sempre pensa que llo queiman. Quen moito se agacha o cu amosa”.

      Confrontacións: nádega.
    2. Orificio de abertura ao exterior do tracto dixestivo. OBS: Tamén se denomina ollo do cu.

  2. s m

    Parte posterior ou inferior dunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tirádelle o cu a cesta e acabouse a parentela”.

    Ex: A botella ten o cu pintado de vermello.

  3. s m

    Furado da agulla por onde se enfía.

    Ex: Non acertou a pasar o fío polo cu da agulla.

  4. cu podre [ANIMAL]

    cangrexo peregrino.

  5. cu de lámpada [GRÁF]

    Figura ornamental, xeralmente triangular e que lembra as lámpadas das igrexas, que usan os impresores, os gravadores, os ebanistas e outros artesáns para pechar un final de capítulo, un baixo de plafón, etc.

Frases feitas

  • Acabar vendo a Deus polo cu dunha agulla. Expresa a posibilidade de chegar a unha situación límite.

  • Azoutar e dar no cu, todo é un/Tanto ten dar no cu coma no cu dar. Expresa que dúas cousas son a mesma en realidade.

  • Cu de medo/Pedro. Expresión que se lle aplica á persoa que ten moito medo.

  • Mal de cu, mal de costas. Expresa que algunha cousa está mal de calquera xeito.

  • 2 Ir por mal camiño.

  • 2 Persoa que conta todo o que sabe e que, polo tanto, non pode gardar un segredo.

  • 2 Prever un perigo ou unha dificultade.

  • Aínda non lle caeu a casca do cu/Aínda non lle viu o cu á carriza. Aplícase á persoa nova ou inmatura.

  • Andarlle co cu/Quentarlle o cu. Zoupar.

  • Arder o cu e non se mover. Aplícase á persoa preguiceira.

  • Bater coas zocas no cu. Fuxir a todo correr.

  • Caer de cu coa risa. Rir moito.

  • Confundir o cu coas témporas/Que ten/terá que ver o cu coas calzas/coas catro témporas? Indica que unha cousa non ten relación con outra.

  • Cu do mundo. Lugar remoto.

  • Dar alguén co cu no tego. Arruinarse.

  • Dar polo cu. Practicar o coito anal.

  • De cu. 1 Cara a atrás.

  • É máis grande o cu ca as calzas. Aplícase a quen presume do que non ten.

  • Enfiar a alguén polo cu dunha agulla. Ser unha persoa espelida.

  • Ensinar o cu. Quedar en evidencia.

  • Fecho do cu. Ano.

  • Ir alguén/algunha cousa de cu costa abaixo/arriba. Presaxiar malos acontecementos ou ir mal.

  • Ir tomar polo cu. Expresión coa que se desexa mal a alguén.

  • Lamberlle o cu a alguén. Ser servil ou afagador.

  • Meter no cu. Contarlle rapidamente a alguén aquilo do que é sabedor.

  • Perder alguén o cu correndo. Correr moito, especialmente a causa do medo.

  • Poñer o cu ao recacho. Poñerse en coiros.

  • Pórlle unha persoa o cu ao sol a alguén. Descubrirlle un segredo a alguén ou contar algunha intimidade súa.

  • Quedar alguén co cu descansado. Aplícase ironicamente para valorar negativamente o que fixo ou dixo algunha persoa.

  • Ser un carto no cu. Ser moi avarento.

  • Ser un cu aberto 1 Persoa que deixa todas as portas abertas.

  • Ser un cu de bomba/Ter alguén un cu coma un traxe. Ter un cu grande.

  • Ser un cu de ferro. Ser unha persoa que traballa sentada moitas horas sen esgotarse.

  • Ter alguén o cu pelado. Ter levado moitos desenganos.

  • Verlle o cu á carriza/curuxa. 1 Pasar por unha situación de grandes dificultades ou levar un bo susto.

  • Virar alguén o cu por riba da cabeza. Facer todo o posible por algunha cousa.

  • Volver o cu. Fuxir.

Palabras veciñas

ctónico -ca | CTP | CTV | 1 cu | 2 cu | Cu | Cu