Cuadernos de Estudios Valdeorreses

Cuadernos de Estudios Valdeorreses
[PUBLIC]

Revista que apareceu en 1980 na localidade do Barco de Valdeorras e que desapareceu coa chegada do seu terceiro número en 1983. Avalada polo Instituto de Estudios Valdeorreses, incluía información de carácter cultural e, á parte, algúns monográficos como o dedicado ao abade de Vilamartín de Valdeorras, da autoría de Ramón López Caneda.