Cuadernos de Pedagogía
Cuadernos de Pedagogía
[PUBLIC]
Revista mensual en castelán que saíu do prelo en Barcelona en 1975 baixo o selo editorial, inicialmente, de Fontalba e, a partir de 1997, de Práxis. Trata a problemática da educación dende unha perspectiva global. Incidiu na creación de diversos colectivos educativos e impulsou a renovación pedagóxica baseada na proposta de novas estratexias didácticas, e a posta en marcha das escolas de verán. Ademais, analiza a problemática existente nas escolas rurais, os criterios de avaliación dos alumnos, a reforma educativa, os orzamentos escolares e a actuación dos políticos diante dos problemas educativos.