cuadrilátero -ra

cuadrilátero -ra

(< lat quadrilatĕru)

  1. adx [MAT]

    Que consta de catro lados.

  2. [MAT]
    1. s m

      Polígono que ten catro lados. Un cuadrilátero que ten os lados opostos paralelos chámase paralelogramo e un paralelogramo cos catro ángulos rectos é un rectángulo; se este ten os catro lados iguais chámase cadrado. Un rombo é un cuadrilátero cos catro lados iguais e un trapecio é un cuadrilátero con dous lados paralelos.

    2. cuadrilátero circunscrito a unha figura

      Polígono que ten os lados tanxentes a unha figura; así, o cuadrilátero regular circunscrito a unha circunferencia é un cadrado.

    3. cuadrilátero completo

      Figura formada por catro rectas que se cortan dúas a dúas determinando seis puntos de intersección.

    4. cuadrilátero esférico

      Figura esférica determinada por catro liñas sobre a esfera que determinan catro puntos sobre ela.

    5. cuadrilátero inscribible nunha circunferencia

      Figura que ten os catro vértices sobre unha circunferencia. Segundo Ptolomeo, isto é posible se o produto das diagonais é igual á suma dos produtos dos lados opostos.

    6. cuadrilátero regular

      Figura con lados e ángulos interiores iguais, é dicir, cadrada. Os outros cuadriláteros chámanse irregulares.

    7. cuadrilátero simple

      Figura formada por catro rectas e as sucesivas interseccións en parellas.

  3. s m [DEP]

    Plataforma con forma de cuadrilátero que está rodeada de tres filas de cordas e con piso cuberto de lona, onde se celebran combates de boxeo ou doutros deportes de loita.

    Ex: Cando subiu ó cuadrilátero sabía que tiña que gañar o combate de boxeo.

  4. cuadrilátero de vocais [LING]

    Representación xeométrica ideal, en forma de cuadrilátero, dun sistema vocálico que o lingüista inglés Daniel Jones propuxo en 1917 co fin de definir todos os sistemas vocálicos das linguas naturais. De entre todas as posibilidades, cómpre recoñecer as vocais cardinais, que conxugan dunha maneira característica os trazos de abertura, localización e labialización. D. Jones partiu de dúas posicións extremas da lingua, a de i, na que a lingua está na posición máis alta e avanzada posible, sen chegar á fricación, e a de A, coa posición máis baixa e posterior, sen chegar á posición da consoante fricativa. Dende a posición do i a lingua descende e, a intervalos acústicos equidistantes, sitúanse as outras tres vocais anteriores ou palatais. Pola contra, dende a posición do A a lingua ascende e tamén, a intervalos case iguais, se van colocando as vocais posteriores. Nos espacios [i-a] e [A-u] colócanse as outras vocais intermedias [e, ɛ] e [o, ɔ], respectivamente. Este conxunto de oito vocais denomínase vocais cardinais primarias; nas vocais [i, e, ɛ, a, A] os labios permanecen estirados e non participan activamente na súa articulación; pero en [ɔ, o, u] prodúcese un arredondamento progresivo dos labios (do mínimo [ɔ] ao máximo [u]). Nas mesmas posicións, pero coa acción dos labios invertida, sitúanse as vocais cardinais secundarias; unhas labializadas [y, ø, œ, ”, Å] e outras non labializadas [?, ƒ, µ]. Ademais engadiu dous puntos que representan os puntos altos que acada o mediodorso da lingua: [ˆ] non labializada e [¨] labializada.

Palabras veciñas

cuadrifronte | cuadriga | Cuádrigas Baamonde | cuadrilátero -ra | cuadrilingüe | cuadrilítero -ra | cuadrilla