cualificación
(< cualificar)
-
s
f
Acción de cualificar.
Ex: Os traballos presentados recibiron unha cualificación positiva.
-
s
f
Nivel de coñecementos e aptitudes que se lle recoñece a unha persoa para realizar un traballo ou para desempeñar un cargo.
-
s
f
[PEDAG]
Expresión cuantitativa ou cualitativa coa que se valora o nivel de rendemento escolar dos alumnos. Pódese falar, xa que logo, de cualificación como dun recurso formal de estimación da calidade e mesmo como dun medio empregado para expresar mediante símbolos numéricos ou léxicos os resultados acadados nunha avaliación escolar, ou a medida de conduta en termos de rendemento, comportamento, actitudes, capacidades ou procedementos. Tradicionalmente, os modelos de cualificación escolar eran unicamente cuantitativos; facían referencia, polo tanto, a un modelo de avaliación sumativa que atopaba nas expresións numéricas sobre a aprendizaxe a súa xustificación. O fundamento e mesmo a finalidade da avaliación é cuádruple: persoal, familiar, social e administrativa. De aí que avaliar rendementos escolares, sexan da natureza que sexan, resulta sempre unha tarefa sumamente difícil e complexa para calquera docente, xa non só pola necesidade de actuar de xeito obxectivo, senón tamén polas repercusións que, a curto ou a longo prazo, a cualificación poida ter para o futuro dos alumnos avaliados. Na determinación das cualificacións interveñen moitos factores alleos ao propio rendemento, condicionados polo tipo de centro educativo, pola natureza dos contidos, polo grao escolar ou mesmo polo tipo de vinculación existente entre o alumno e o profesor. Durante moito tempo discutiuse a necesidade da cualificación como elemento estimulante para o estudio. Tamén se recoñeceu que, por veces, se converteu nun obstáculo para a motivación ou interese cara ao estudio, porque, de feito, reforzan en exceso o espírito de emulación e competitividade. Na súa forma tradicional as cualificacións non poden aceptarse como datos suficientemente comprobados e xustificados sobre as capacidades, os coñecementos, os procesos de asimilación, o traballo e a aprendizaxe dos alumnos. As consecuencias inmediatas das cualificacións son moi variadas e de natureza, ás veces, contraditoria. Neste sentido comprobouse que afectan emocionalmente aos alumnos e ás familias e rematan por se constituír no obxectivo central do proceso educativo, desvirtuando o sentido e xustificación do mesmo. De aí que sempre resulta difícil expresar atinadamente o resultado das avaliacións dos alumnos cunha simple cifra, letra ou palabra. No ámbito das reformas educativas máis recentes téntase acadar un certo grao de equilibrio para esta cuestión, mediante a introdución de modelos avaliadores que reforzan os aspectos cualitativos, de xeito que estas sexan expresión máis obxectiva e, se cadra, máis compensadora que a simple, e asemade traumática, asignación numérica.
-
s
f
[DER]
-
Exame da legalidade dos títulos e documentos de propiedade que preceden á inscrición dun ben nun rexistro da propiedade.
-
Exame que presenta cada unha das partes dun proceso penal realizado sobre os feitos relatados no sumario, sobre os preceptos legais aplicables ao caso e sobre os efectos que poidan recaer nos acusados. Preséntase no escrito de cualificación, onde deben constar, ademais dos feitos e da súa cualificación legal, as conclusións propostas polas partes no proceso.
-
-
acusativo de cualificación
[LING]
Complemento dun verbo intransitivo da mesma raíz ou significación.
Ex: Viviu a súa vida.