cuántico -ca
(< cuanto)
-
adx
[FÍS]
Relativo ou pertencente ao cuanto.
-
-
adx
Relativo ou pertencente á mecánica cuántica.
-
número cuántico
Cada un dos valores discretos e adimensionais que aparecen na resolución dunha ecuación que, en mecánica cuántica, define un aspecto determinado (como o nivel de enerxía, o momento magnético ou o spin, entre outros) dun sistema descrito no marco da mecánica cuántica. Cando un conxunto de números cuánticos individualiza totalmente unha partícula, dise que determina un estado cuántico. Segundo a teoría de Bohr, o estado cuántico dun electrón caracterízase por tres números enteiros: o número cuántico principal n, que pode tomar calquera valor entre 1 e ?, o número cuántico acimutal l, que pode variar entre 0 e n-1, o número cuántico magnético m, que pode ter valores comprendidos entre -l e +l, e o número cuántico de spin m s , que vale +1/2 ou -1/2.
-
teoría cuántica
[FÍS]
Teoría de Planck.
-
adx
-
rendemento cuántico
[QUÍM/FÍS]
Eficiencia dun proceso fotoquímico definido pola relación entre o número de moléculas que experimentan o proceso e o número de cuantos absorbidos polo sistema.