cuarteto
(< ital quartetto)
-
s
m
[MÚS]
-
Composición musical para catro instrumentos ou catro voces. O cuarteto vogal polifónico, xa empregado na Idade Media, divulgárono os compositores flamengos desde o s XV. Na música instrumental, o cuarteto chegou a ser frecuente desde finais do s XVII; no XVIII xeneralizouse o seu uso, especialmente o cuarteto de corda (xeralmente dous violíns, viola e violoncello). Considérase a F. Joseph Haydn como o gran cultivador do cuarteto de corda, seguido por Mozart, Beethoven, Schubert, Schumann, Brahms, Mendelssohn, Franck, Dvořák, Debussy, Ravel e Fauré.
-
Conxunto de músicos que interpretan unha peza musical para catro instrumentos ou voces.
-
-
s
m
[LIT]
Estrofa de catro versos de arte maior que adoita empregar a rima consonante. Tomás Navarro estableceu unha clasificación das distintas variantes deste molde métrico segundo as diferentes combinacións da rima e da medida dos versos. Recoñeceu, entre outras, o cuarteto-lira, combinación de catro versos de once e sete sílabas con rima consonante abrazada (ABBA) ou cruzada (ABAB); o serventesio, caracterizado pola rima cruzada (ABAB); o cuarteto dactílico, que intercala dúas sílabas inacentuadas entre outras dúas acentuadas; o cuarteto agudo, no que o segundo e o cuarto verso son agudos e riman entre si; o cuarteto monorrimo da caderna vía, composto por versos alexandrinos, cunha única rima, que constitúe o metro característico do Mester de Clerecía xunto co cuarteto monorrimo en verso hexadecasílabo (8-8); e o cuarteto polimétrico con rimas interiores. Dende o s XVIII cultivouse regularmente e foi un dos metros máis usados no romanticismo e no modernismo. No ámbito galego utilizárono, entre outros autores, Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.