cuartillo
cuartillo
(< cuarto)
-
s
m
[METROL]
Medida de capacidade que equivale a medio litro.
-
s
m
[METROL]
Medida de superficie agraria que equivale a un vintecatroavo de ferrado.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda castelá de billón creada no s XIV e que tiña un valor orixinario de 4 marabedís. A partir de 1566 pasou a ter un valor de 8 marabedís e medio. Cuñouse na ceca da Coruña en tempos dos reis Xoán II e Enrique IV.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de 25 céntimos de real cuñada por Isabel II.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de 2 céntimos e medio cuñada por Isabel II. En Galicia cuñouse na Real Casa da Moeda de Xubia.